I Ruta de Autocaravanas Nómadas Solidari@s

I Ruta de Autocaravanas Nómadas Solidari@s

Esta fin de semana celebramos a I Ruta de Autocaravanas Nómadas Solidari@s. Grazas á colaboración dos nosos amigos de Nómadas Motorhome, foi posible organizar en pouco tempo esta I Ruta Solidaria. O recadado na ruta vai ser destinado á instalación este verán dun sistema solar fotovoltaico na residencia para mozas estudantes “Amai María” que teñen as Misioneras de María Mediadora en Lilongwe, a capital de Malawi.

O sábado día 17 de xuño, as autocaravanas participantes concentraranse ao mediodía na praza do Concello de Carballo. Arredor das 16:00 h está previsto que as autocaravanas se dirixan cara a Muros para facer noite no camping A Vouga de dito concello.

O domingo 18 á mañá seguirase ruta por vilas da Costa da Morte, facendo parada ao mediodía no paseo marítimo da vila de Camariñas.

Moitas grazas de novo á empresa Nómadas Motorhome polo seu patrocinio, así como ao Camping A Vouga (Louro) e aos concellos de Carballo, Muros e Camariñas pola súa colaboración.

Xa vos iremos contando como se desenvolve esta I Ruta de Autocaravanas Nómadas Solidari@s.

Seguimos!!

Seguimos!!

Ás veces costa crelo pero xa pasou máis de ano e medio dende que empezamos co proxecto de bombeo solar para Malawi. Vista a necesidade había que darlle forma ao proxecto. E a pesar da sinxeleza e modestia do mesmo, non podería ser levado a cabo sen a axuda de moita xente, empezando pola comunidade da Universidade Laboral de Culleredo que apoiou o proxecto dende o principio e rematando polos amigos da asociación Llamarada de Fuego que nos van a levar o material a Malawi para a súa montaxe neste verán.

Polo camiño, novos voluntarios que se uniron á Operación Pangono Pangono e que grazas ao seu traballo e achegas fixeron posible que o material para instalar a bomba de auga alimentada por enerxía solar xa estea camiño de Malawi, coa esperanza e ilusión que coa súa montaxe faga a vida un pouquiño máis fácil ás nenas e nenos de Chezi.

Nos seguimos, Pangono Pangono, tratando de poñer en marcha novos proxectos que se poidan realizar aproveitando a viaxe para a montaxe do sistema de bombeo solar e que axuden ás misioneiras de María Mediadora no seu traballo cos nen@s e persoas máis desfavorecidas de Malawi.