Punto de vista

Punto de vista

De vez en cuando te ocurren cosas que hacen que frenes en la rutina de tu día a día plagado de lo que consideras “problemas”, y te encuentras con la oportunidad de conocer, de primera mano, qué es lo imprescindible para viajar por la vida.

Probablemente, pocas cosas materiales y un montón de experiencias y sensaciones a las que me es tan difícil ponerles nombre como, simplemente, describirlas. Esta es la segunda vez que estoy en Malawi y, a sabiendas de que no vamos a cambiar el mundo por dedicar algo de nuestro tiempo y de nuestro saber hacer en un lugar concreto donde las cosas son realmente complejas, si que albergamos la esperanza de que la suma de pequeñas acciones, el aleteo de la mariposa que dirían por ahí, contribuya al cambio global.

De nuevo aquí moviéndome entre emociones complejas, desde ver niños en la carretera llenos de tierra roja corriendo y jugando sin parar de reír, a pequeños malnutridos atendidos en el hospital que no te dejarían indiferente aunque seas una piedra.

El lugar en el que estamos es casi una isla en la que el esfuerzo y el buen hacer de un grupo de mujeres, monjas, rebeldes frente a una situación injusta, contribuyen a cambiar el mundo. Es fácil entender que es lo que te hace volver a Malawi cuando ves miradas como las de la foto, y es fácil también cuando conoces de primera mano la alegría, el esfuerzo y el tesón de las personas que hacen posible lugares como este. Como dice Ricardo, “nos llevamos mucho más de lo que dejamos”.

Jesús

En funcionamento!!

En funcionamento!!

Pouco máis dunha semana dende a nosa chegada a Malawi pero parece que fai moito máis tempo. A verdade foi unha semana moi intensa, un non parar. Soamente dispoñemos de dúas semanas e temos que tratar de aproveitalas o máximo posible.

Dende a nosa última viaxe a Malawi, no Nadal do 2008, notamos bastantes cambios no país. Percibimos, en xeral, que a situación social e económica do país non foi a peor. A pobreza, se ben segue a ser extrema, parece que non é tan crítica coma fai seis anos. Polo que nos comentan as misioneiras de Chezi, mellorouse o acceso á medicación para o tratamento do VIH e as embarazadas portadoras dispoñen agora da medicación para evitar que se transmita a enfermidade ao bebé. Nun dos países coa taxa de SIDA máis alta do mundo esta é unha excelente noticia.

Pola contra, séguese a deforestar o país rapidamente. A leña e o carbón que das árbores se extrae, segue a ser o principal combustible para a poboación do país para cociñar, facendo que a presión sobre os bosques de Malawi siga a medrar. A poboación de Malawi non parou de medrar, debendo estar na actualidade nos 15 millóns de habitantes, facendo do país un dos máis densamente poboados de África. Reduciuse claramente nos últimos anos o número de fillos por familia, pero esta redución non impide que a poboación do país siga a medrar.

Con respecto a Chezi e ás misioneiras, foi unha tremenda alegría volver a coincidir con moitas delas. Houbo moitos cambios nos últimos anos pero o espírito e o tesón no traballo das Misioneiras de María Mediadora segue a ser o mesmo. A pesar das grandes dificultades que se atopan no desenvolvemento do seu traballo, segue a ser admirable como cada día pelexan para mellorar a vida dos máis desfavorecidos do país.

En relación ao noso traballo seguimos “Pangono Pangono”. Cremos que atopamos a maneira de mellorar a conexión a internet en Chezi coa utilización de routers 3G e antenas para mellorar o sinal, pero os continuos cortes na electricidade impedíronnos probar os equipos en condicións ata hoxe. O que xa nos deu tempo foi a montar un extractor de aire no pavillón de actividades de Chezi.

Este pavillón é utilizado para as actividades dos nenos, chegando a xuntarse no seu interior os 400 nenos da misión de Chezi. Posto que o sistema de renovación de aire non era moi bo, no seu interior alcanzábanse altas temperaturas. Cambiamos a idea inicial de montar extractores eléctricos e optamos pola instalación de extractores de tiro natural. A solución máis sinxela é sempre á mellor e desta maneira aseguramos unha ventilación continua do pavillón, independentemente do subministro eléctrico. Aínda así, que sexa unha solución sinxela non significa que sexa fácil nin rápida. Levounos un día enteiro percorrer os almacéns da capital do país, Lilongwe, para atopar un extractor que se adaptara ao que precisabamos.

Ao final decidimos montar esta semana un segundo extractor no pavillón para mellorar a ventilación. Descartamos a instalación do sistema evaporativo de auga que tiñamos pensado nun principio posto que a baixa presión na rede de subministro obrigaría a montar unha bomba hidráulica específica para o sistema. Con menos dunha semana para o noso regreso non cremos que nos fora a dar tempo a rematar a instalación. No caso de que cos extractores non fose suficiente, na nosa seguinte visita montaríamos o sistema de vaporización de auga.

Este domingo o aproveitamos para visitar o Lago Malawi, o terceiro máis grande de África e unha marabilla da natureza. Polo de agora o lago resistiuse a invasión de especies foráneas polo que sigue a contar cunha variedade de peixes endémica fantástica. O lago conta con máis de 300 variedades da familia dos cíclidos. A pesar de que a seca e a presión humana fixeron descender varios metros o nivel do lago este ano, segue a ser unha das paisaxes naturais máis incribles de África.

Esta semana presentase como a anterior, intensa. Rematar co mantemento informático dos ordenadores e montar o segundo extractor no pavillón de Chezi, na residencia da Área 49 facer a conexión eléctrica da bomba que da o servizo para un novo sistema de aproveitamento de pluviais que acaban de rematar, e unha visita dun día ao hospital de Mlale son as tarefas imprescindibles a realizar nesta semana. Xa temos moito avanzado, xa que o luns nos dedicamos a percorrer de novo os almacéns de Lilongwe e pensamos que xa dispoñemos de todo o material preciso, pero algunha cousa faltará que faga que o tempo se nos faga pouco.

Déixovos como foto desta entrada do blog a vista da que dispoñemos dende a nosa casa en Chezi todas as noites. Ás veces dende o propio país, un non atopa a importancia nin o sentido de determinadas cousas. Dende aquí enténdese perfectamente o que significa a contaminación lumínica.

Escolle un

Escolle un

E non digas que non hai onde escoller. Tampouco penses que é imposible. Imposible é o que non se intenta.

O 25 de setembro de 2015, 193 líderes mundiais reuniranse na ONU para fixar os 17 obxectivos globais para alcanzar tres cousas extraordinarias nos próximos 15 anos. Fin da pobreza extrema. Combater a desigualdade e inxustiza. Corrixir o cambio climático.

Nos escollemos o Obxectivo 7: Enerxías renovables. E ti, con cal te quedas?
gg-renewableenergy-posterpreview
A Operación Pangono Pangono na radio galega.

A Operación Pangono Pangono na radio galega.

O 01 de Agosto de 2015, María Xosé Rodríguez deunos a oportunidade no seu programa da radio galega “Somos quen”, de falar sobre o que temos pensado facer na nosa próxima viaxe a Malawi.

Pódese descargar o podcast do programa completo neste enlace. A nosa entrevista vai dende o minuto 40 ao 56.
Pangono pangono, se hace camino al andar.
Ricardo.
Saídes na voz!!!

Saídes na voz!!!

Incrible o que pode supoñer saír nun xornal. Vale, foi na contraportada e a toda páxina. E non nun xornal calquera senón, nin máis nin menos, que “na Voz”, pero a transcendencia que acadou a nosa viaxe foi algo incrible!!

Foi un gusto falar con algún Amigo (quero poñelo como se merece, en maiúsculas) que aproveitou a ocasión de verme no xornal para facer algo que se nos esquece con demasiada frecuencia. Coller o teléfono na man e falar cos amigos que, estando lonxe, fai algún tempo que non vemos. Parécenos que por telo de amigo no facebook xa chega, pero non. Non hai emoticono que substitúa o son dunha risa!!!

Pola contra, hai que aguantar que presumindo que está un (case) igual agora que cando se sacou a foto cos nenos de Chezi, xa fai nove anos, che digan que é porque ten un o “cartón” tapado… Pois cachete en toda a cara que dá a realidade, lembrando que o tempo pasa e que hai que aproveitalo. Pangono, pangono, sen presa pero sen perder o tempo. Que algún outro te chame “Frai Ricardo” pois é outro dos efectos colaterais da nosa saída na prensa. En fin, aos amigos disque hai que perdoalos, pero como algunha vez, aínda que espero que non, se rompa a nosa amistade, ídevos preparando!!!

Grazas de novo a María Cedrón polo estupendo artigo e a La voz de Galicia pola súa publicación.

Ricardo.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/07/31/manos-obra-malaui/0003_201507H31P60994.htm

Por fin!!

Por fin!!

Di Joaquín Sabina nun dos seus poemas musicados: “…al lugar donde has sido feliz no debieras tratar de volver”. Difícil resistir a tentación, sobre todo cando un sabe que o regreso a ese lugar vaise atopar de novo cunhas persoas que admira profundamente e, por riba, coa convicción que o esperan a un cos brazos abertos.

Ese lugar é Chezi, un pequeno poboado á beira da estrada que une Lilongwe, a capital do pequeno país africano de Malawi, co fermoso lago do mesmo nome. En Chezi decidiron asentarse as mulleres da orde de María Mediadora a crear a “misión”, como a elas lle gusta chamarlle, onde coidan a máis de cen nenas e nenos orfos na propia misión e arredor de 400 nenos máis repartidos polos poboados do arredor de Chezi e a coidado dalgún familiar.

Xa van seis anos que estiven en Chezi por última vez. O dito “parece que fue ayer” cúmprese neste caso na súa totalidade. Debe ser que un está fisicamente lonxe de Malawi pero a mente e o corazón nunha marcharon de alí.

Acompáñanme neste regreso, ao igual que no 2009, Jesús e Manolo. Tamén ven Sandra, que vai ser a primeira vez que visite Chezi e o resto de misións que teñen as Misioneras de María Mediadora repartidas por Malawi. Sandra tenos escoitado centos veces falar de Chezi, dos nenos, do que se vai atopar ao chegar alí, pero como nos pasou a todos a primeira vez que fomos, por moito que che conten tes que velo cos teus propios ollos para poder contemplar e entender (ou pretender entender, mellor dito) todo o que un se atopa ao chegar a Malawi. Por iso lle pedín a Sandra que contara ela a nosa pequena axuda e o que nos imos atopando nesta viaxe. Un non deixa de sorprenderse coas situacións e realidades que un vive ao visitar un país tan distinto do noso como é Malawi, pero contado por alguén que o visita por primeira vez creo que vai ser máis autentico, máis emocional. Máis real, basicamente.

Dúas semanas van dar para facer moi moi pouco pero esperamos escoitar as necesidades “técnicas” que nos transmitan as Misioneras de María Mediadora para pangono pangono (pouco a pouco) tratar de resolvelas. E como outra cousa non, pero necesidades en Malawi hainas todas, imos precisar moito apoio e moita axuda para poder cubrir esas necesidades.

Arrincamos logo coa Operación Pangono Pangono.

Ricardo.