Parabéns especiais.

Parabéns especiais.

Xa fai un tempo que non aparecemos polo blog. O traballo, a rutina, los quehaceres diarios… as veces o envolven a un nunha onda que parece que saír a tomar algo de aire fresco é misión case imposible. De vez en cando fai falta que veña alguén a lembrarnos a razón pola que un día decidimos poñer en marcha a noso proxecto, a nosa Operación Pangono Pangono.

Queremos aproveitar precisamente hoxe, o día do seu aniversario, para recomendarvos que vos deades unha volta polo blog de Mercedes Arbesú, “El silencio del baobab”. Mercedes é unha asturiana decidida a cambiar, co seu traballo e tesón,  o senfuturo que o destino parecía ter fixado para moitas mozas malawianas. Mercedes está ao fronte da residencia da Area 49 “Amai María”, un lugar onde unhas mozas malawianas que tiveron a sorte de ser acollidas na residencia da Area 49, poden continuar cos seus estudios de secundaria na capital de Malawi, Lilongwe, e ter a oportunidade de acabar coa dependencia masculina que viven condenadas aínda a maioría das mulleres de Malawi.

Coñecer en primeira persoa a situación de absoluta dependencia que viven as mulleres en moitos países do mundo o levan a un ao convencemento de que se se quere romper co círculo da pobreza é indispensable dotar ás mulleres de poder e independencia. A educación é, sen dúbida, a mellor arma das que se lle pode dotar. Nesta batalla está Mercedes, que gracias ao seu traballo e das súas compañeiras da Area 49, están a dar a oportunidade dunha nova vida ás rapazas que alí viven.

Parabéns neste día, Mercedes. E moito ánimo co voso traballo!!

Nos seguimos, Pangono Pangono, cos nosos proxectos. Pronto contamos poder darvos novidades do proxecto de bombeo solar que temos en marcha e doutras accións de colaboración que estamos a levar a cabo co equipo da biblioteca do IES Universidade Laboral.

Un saúdo.

Ricardo.

blog_mercedes

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *