{"id":173,"date":"2015-09-01T12:25:37","date_gmt":"2015-09-01T10:25:37","guid":{"rendered":"http:\/\/operacionpangonopangono.org\/?p=173"},"modified":"2015-09-01T22:31:25","modified_gmt":"2015-09-01T20:31:25","slug":"en-funcionamento","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/?p=173","title":{"rendered":"En funcionamento!!"},"content":{"rendered":"<p>Pouco m\u00e1is dunha semana dende a nosa chegada a Malawi pero parece que fai moito m\u00e1is tempo. A verdade foi unha semana moi intensa, un non parar. Soamente dispo\u00f1emos de d\u00faas semanas e temos que tratar de aproveitalas o m\u00e1ximo posible.<\/p>\n<p>Dende a nosa \u00faltima viaxe a Malawi, no Nadal do 2008, notamos bastantes cambios no pa\u00eds. Percibimos, en xeral, que a situaci\u00f3n social e econ\u00f3mica do pa\u00eds non foi a peor. A pobreza, se ben segue a ser extrema, parece que non \u00e9 tan cr\u00edtica coma fai seis anos. Polo que nos comentan as misioneiras de Chezi, mellorouse o acceso \u00e1 medicaci\u00f3n para o tratamento do VIH e as embarazadas portadoras dispo\u00f1en agora da medicaci\u00f3n para evitar que se transmita a enfermidade ao beb\u00e9. Nun dos pa\u00edses coa taxa de SIDA m\u00e1is alta do mundo esta \u00e9 unha excelente noticia.<\/p>\n<p>Pola contra, s\u00e9guese a deforestar o pa\u00eds rapidamente. A le\u00f1a e o carb\u00f3n que das \u00e1rbores se extrae, segue a ser o principal combustible para a poboaci\u00f3n do pa\u00eds para coci\u00f1ar, facendo que a presi\u00f3n sobre os bosques de Malawi siga a medrar. A poboaci\u00f3n de Malawi non parou de medrar, debendo estar na actualidade nos 15 mill\u00f3ns de habitantes, facendo do pa\u00eds un dos m\u00e1is densamente poboados de \u00c1frica. Reduciuse claramente nos \u00faltimos anos o n\u00famero de fillos por familia, pero esta reduci\u00f3n non impide que a poboaci\u00f3n do pa\u00eds siga a medrar.<\/p>\n<p>Con respecto a Chezi e \u00e1s misioneiras, foi unha tremenda alegr\u00eda volver a coincidir con moitas delas. Houbo moitos cambios nos \u00faltimos anos pero o esp\u00edrito e o tes\u00f3n no traballo das Misioneiras de Mar\u00eda Mediadora segue a ser o mesmo. A pesar das grandes dificultades que se atopan no desenvolvemento do seu traballo, segue a ser admirable como cada d\u00eda pelexan para mellorar a vida dos m\u00e1is desfavorecidos do pa\u00eds.<\/p>\n<p>En relaci\u00f3n ao noso traballo seguimos \u201cPangono Pangono\u201d. Cremos que atopamos a maneira de mellorar a conexi\u00f3n a internet en Chezi coa utilizaci\u00f3n de routers 3G e antenas para mellorar o sinal, pero os continuos cortes na electricidade imped\u00edronnos probar os equipos en condici\u00f3ns ata hoxe. O que xa nos deu tempo foi a montar un extractor de aire no pavill\u00f3n de actividades de Chezi.<\/p>\n<p>Este pavill\u00f3n \u00e9 utilizado para as actividades dos nenos, chegando a xuntarse no seu interior os 400 nenos da misi\u00f3n de Chezi. Posto que o sistema de renovaci\u00f3n de aire non era moi bo, no seu interior alcanz\u00e1banse altas temperaturas. Cambiamos a idea inicial de montar extractores el\u00e9ctricos e optamos pola instalaci\u00f3n de extractores de tiro natural. A soluci\u00f3n m\u00e1is sinxela \u00e9 sempre \u00e1 mellor e desta maneira aseguramos unha ventilaci\u00f3n continua do pavill\u00f3n, independentemente do subministro el\u00e9ctrico. A\u00ednda as\u00ed, que sexa unha soluci\u00f3n sinxela non significa que sexa f\u00e1cil nin r\u00e1pida. Levounos un d\u00eda enteiro percorrer os almac\u00e9ns da capital do pa\u00eds, Lilongwe, para atopar un extractor que se adaptara ao que precisabamos.<\/p>\n<p>Ao final decidimos montar esta semana un segundo extractor no pavill\u00f3n para mellorar a ventilaci\u00f3n. Descartamos a instalaci\u00f3n do sistema evaporativo de auga que ti\u00f1amos pensado nun principio posto que a baixa presi\u00f3n na rede de subministro obrigar\u00eda a montar unha bomba hidr\u00e1ulica espec\u00edfica para o sistema. Con menos dunha semana para o noso regreso non cremos que nos fora a dar tempo a rematar a instalaci\u00f3n. No caso de que cos extractores non fose suficiente, na nosa seguinte visita montar\u00edamos o sistema de vaporizaci\u00f3n de auga.<\/p>\n<p>Este domingo o aproveitamos para visitar o Lago Malawi, o terceiro m\u00e1is grande de \u00c1frica e unha marabilla da natureza. Polo de agora o lago resistiuse a invasi\u00f3n de especies for\u00e1neas polo que sigue a contar cunha variedade de peixes end\u00e9mica fant\u00e1stica. O lago conta con m\u00e1is de 300 variedades da familia dos c\u00edclidos. A pesar de que a seca e a presi\u00f3n humana fixeron descender varios metros o nivel do lago este ano, segue a ser unha das paisaxes naturais m\u00e1is incribles de \u00c1frica.<\/p>\n<p>Esta semana presentase como a anterior, intensa. Rematar co mantemento inform\u00e1tico dos ordenadores e montar o segundo extractor no pavill\u00f3n de Chezi, na residencia da \u00c1rea 49 facer a conexi\u00f3n el\u00e9ctrica da bomba que da o servizo para un novo sistema de aproveitamento de pluviais que acaban de rematar, e unha visita dun d\u00eda ao hospital de Mlale son as tarefas imprescindibles a realizar nesta semana. Xa temos moito avanzado, xa que o luns nos dedicamos a percorrer de novo os almac\u00e9ns de Lilongwe e pensamos que xa dispo\u00f1emos de todo o material preciso, pero algunha cousa faltar\u00e1 que faga que o tempo se nos faga pouco.<\/p>\n<p>D\u00e9ixovos como foto desta entrada do blog a vista da que dispo\u00f1emos dende a nosa casa en Chezi todas as noites. \u00c1s veces dende o propio pa\u00eds, un non atopa a importancia nin o sentido de determinadas cousas. Dende aqu\u00ed ent\u00e9ndese perfectamente o que significa a contaminaci\u00f3n lum\u00ednica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pouco m\u00e1is dunha semana dende a nosa chegada a Malawi pero parece que fai moito m\u00e1is tempo. A verdade foi unha semana moi intensa, un non parar. Soamente dispo\u00f1emos de d\u00faas semanas e temos que tratar de aproveitalas o m\u00e1ximo posible. Dende a nosa \u00faltima viaxe a Malawi, no Nadal do 2008, notamos bastantes cambios&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":174,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-173","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/wp-content\/uploads\/2015\/09\/IMG_1764.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/173","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=173"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/173\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":178,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/173\/revisions\/178"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/174"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=173"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=173"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=173"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}