{"id":199,"date":"2015-10-20T16:03:27","date_gmt":"2015-10-20T14:03:27","guid":{"rendered":"http:\/\/operacionpangonopangono.org\/?p=199"},"modified":"2015-10-20T16:03:27","modified_gmt":"2015-10-20T14:03:27","slug":"novo-proxecto-en-marcha","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/?p=199","title":{"rendered":"Novo proxecto en marcha."},"content":{"rendered":"<p>Xa fai m\u00e1is dun mes que regresamos de Malawi. Xa estamos outra vez envoltos no noso d\u00eda a d\u00eda, nas nosas rutinas e preocupaci\u00f3ns que absorben a pr\u00e1ctica totalidade do noso tempo e enerx\u00eda. Pero seguimos Pangono Pangono, pouco a pouco, d\u00e1ndolle forma ao proxecto que traemos na cabeza logo da \u00faltima visita a Malawi, a instalaci\u00f3n dun sistema de bombeo de agua alimentado por enerx\u00eda solar.<\/p>\n<p>A misi\u00f3n de Chezi conta cunha serie de pozos\u00a0 para o seu abastecemento de auga. Esta auga \u00e9 usada tanto para o consumo dos nenos e persoal de Chezi como para o sistema de irrigaci\u00f3n da horta que se atopa dentro da propia misi\u00f3n. En contra do que pode parecer, non hai problemas de subministro de auga cos pozos en Chezi, incluso na \u00e9poca de seca. Os pozos cos que conta actualmente Chezi garanten o subministro de auga durante todo o ano.<\/p>\n<p>O principal problema est\u00e1 no subministro el\u00e9ctrico. O sistema el\u00e9ctrico de Malawi \u00e9 moi precario e provoca continuos cortes no subministro. Posto que as bombas de auga dos pozos de Chezi son el\u00e9ctricas, cando falta a electricidade provoca tam\u00e9n a perda na dispo\u00f1ibilidade de agua. O habitual \u00e9 que os cortes de electricidade non se prolonguen por m\u00e1is dunhas cantas horas pero te\u00f1en chegado a ser cortes de varios d\u00edas seguidos.<\/p>\n<p>Para tratar de evitar que o corte no subministro el\u00e9ctrico provoque o corte inmediato no subministro de agua, a misi\u00f3n conta cuns dep\u00f3sitos de auga montados sobre unhas estruturas met\u00e1licas. O problema reside en que estes dep\u00f3sitos unicamente garanten o subministro de auga para pouco m\u00e1is dun d\u00eda polo que se o corte de electricidade supera as 24 horas a misi\u00f3n queda tam\u00e9n sen subministro de auga.<\/p>\n<p>A substituci\u00f3n dalgunha bomba de pozo das actualmente instaladas por outra bomba que poida ser alimentada por placas solares fotovoltaicas garantir\u00eda \u00e1 misi\u00f3n de Chezi un abastecemento de auga os 365 d\u00edas do ano, independentemente do subministro el\u00e9ctrico exterior. Depender\u00eda unicamente do sol e, afortunadamente, o sol brilla con intensidade en Malawi incluso na \u00e9poca de choivas.<\/p>\n<p>Pero a garant\u00eda no abastecemento de auga para a misi\u00f3n non ser\u00eda a \u00fanica vantaxe. O prezo da electricidade, ao igual que o resto de combustibles, ten un prezo similar en Malawi que no noso pa\u00eds. A instalaci\u00f3n de placas solares fotovoltaicas para alimentar o sistema de bombeo carrexar\u00eda un aforro moi importante na factura el\u00e9ctrica da misi\u00f3n.<\/p>\n<p>Outra vantaxe importante deste sistema \u00e9 a s\u00faa sinxeleza t\u00e9cnica. O sistema de bombeo solar consta unicamente de tres elementos: Placas fotovoltaicas, bomba de auga universal AC\/DC e un sistema de control (niveis). Non precisa nin sistema de bater\u00edas nin de inversores de corrente continua a corrente alterna, elementos relativamente caros e problem\u00e1ticos no seu mantemento. O sistema ser\u00eda dunha sinxeleza extrema. E xa se sabe. Se \u00e9 sinxelo e funciona, dobremente bo!!! Neste tipo de instalaci\u00f3ns a sinxeleza t\u00e9cnica e de mantemento \u00e9 unha premisa b\u00e1sica para garantir o seu funcionamento continuado ao longo de varios anos.<\/p>\n<p>Estamos a\u00ednda nunha fase inicial do proxecto pero xa estamos a concretar as necesidades de material, lox\u00edsticas e econ\u00f3micas para poder levar a cabo o mesmo. Polo de pronto, xa iniciamos os tr\u00e1mites para que a Operaci\u00f3n Pangono Pangono se converta nunha asociaci\u00f3n inscrita no rexistro oficial de asociaci\u00f3ns da Xunta de Galicia e que nos permita abordar proxectos de certa envergadura como o que nos traemos entre mans.<\/p>\n<p>Xa vos iremos contando a evoluci\u00f3n da Operaci\u00f3n e coma sempre, moitas grazas polo voso interese e apoio.<\/p>\n<p>Ricardo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xa fai m\u00e1is dun mes que regresamos de Malawi. Xa estamos outra vez envoltos no noso d\u00eda a d\u00eda, nas nosas rutinas e preocupaci\u00f3ns que absorben a pr\u00e1ctica totalidade do noso tempo e enerx\u00eda. Pero seguimos Pangono Pangono, pouco a pouco, d\u00e1ndolle forma ao proxecto que traemos na cabeza logo da \u00faltima visita a Malawi,&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":200,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-199","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/wp-content\/uploads\/2015\/10\/IMG_1803.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/199","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=199"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/199\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":204,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/199\/revisions\/204"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/200"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=199"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=199"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=199"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}