{"id":304,"date":"2017-09-08T08:30:59","date_gmt":"2017-09-08T06:30:59","guid":{"rendered":"http:\/\/operacionpangonopangono.org\/?p=304"},"modified":"2017-09-08T08:30:59","modified_gmt":"2017-09-08T06:30:59","slug":"a-primeira-vista","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/?p=304","title":{"rendered":"A primeira vista&#8230;"},"content":{"rendered":"<p>Xa estamos de volta. Foron tres semanas as que pasamos en Malawi que nos deixaron moitas historias que contar e pouco tempo para escribilas. Esta \u00e9 unha delas que, coma case sempre, pon de manifesto que as cousas non son como aparentan a primeira vista, que fai falta \u00abpisar o terreo\u00bb, repousar, mirar con calma e tratar de empatizar coas persoas&#8230; e a\u00ednda as\u00ed sempre hai matices que a un lle escapan, que son precisamente os que amosan a realidade das cousas.<\/p>\n<p>Nunha das instalaci\u00f3ns nas que estivemos traballando, axud\u00e1bannos dous operarios malauianos con traballo fixo. Supo\u00f1amos que un se chama Agogo e o outro Mnyamata.<\/p>\n<p>Agogo est\u00e1 sempre de p\u00e9. Pero sempre nunha parede onde pousa as mans e o lombo. A primeira hora v\u00e1lelle calquera. A partir das nove e media, cando o sol empeza a apertar, ten que ser unha parede \u00e1 sombra.<\/p>\n<p>Mnyamata est\u00e1 sempre activo. Non fai falta pedirlle axuda. Antes que te deas de conta, xa gabeou ata arriba da torre, e d\u00e1che na man o trade e a chave de tubo que xusto agora precisabas. E sempre de bo humor, entre sorrisos e bromas. Como unha broma m\u00e1is, empezou preguntando o nome das ferramentas en castel\u00e1n. Ta-ra-do. Ta-la-do. Ta-la-dro. Pronto vimos que \u00eda apuntando ese vocabulario t\u00e9cnico nunha cuartilla. Ao d\u00eda seguinte contounos que ti\u00f1a proxectado viaxar a Espa\u00f1a.<\/p>\n<p>Confirmamos, pois, o que xa sabiamos: que son as persoas emprendedoras, as de m\u00e1is iniciativa, as que buscan un futuro mellor lonxe do seu continente, deixando \u00c1frica a escuras. A \u00fanica novidade foi que esta vez comprobamos esta realidade dende o punto de orixe.<\/p>\n<p>Fin?<\/p>\n<p>Un d\u00eda despois de escribir o texto anterior, persoas moi achegadas aos dous operarios, dix\u00e9ronnos que Agogo conseguiu recentemente, por fin, manter un estado de sa\u00fade estable, a\u00ednda que precario, despois de anos trat\u00e1ndose contra a sida. E que Mnyamata quere ir a Espa\u00f1a a formarse, s\u00f3 por unha temporada, que nin se lle pasa pola cabeza afastarse moito tempo da s\u00faa muller e das s\u00faas fillas, unha delas un beb\u00e9 de pouco m\u00e1is de quince d\u00edas.<\/p>\n<p>Oxal\u00e1 o futuro de \u00c1frica te\u00f1a a mesma luz que este \u00faltimo par\u00e1grafo e que os futuros Agogos ou Mnymatas da foto pasen a formar parte dun futuro mellor para este continente.<\/p>\n<p>Fernando.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xa estamos de volta. Foron tres semanas as que pasamos en Malawi que nos deixaron moitas historias que contar e pouco tempo para escribilas. Esta \u00e9 unha delas que, coma case sempre, pon de manifesto que as cousas non son como aparentan a primeira vista, que fai falta \u00abpisar o terreo\u00bb, repousar, mirar con calma&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":305,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[],"class_list":["post-304","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/matices.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/304","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=304"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/304\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":307,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/304\/revisions\/307"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/305"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=304"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=304"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=304"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}