{"id":464,"date":"2024-02-22T22:17:11","date_gmt":"2024-02-22T20:17:11","guid":{"rendered":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/?p=464"},"modified":"2024-02-29T20:18:00","modified_gmt":"2024-02-29T18:18:00","slug":"ai-seguimos-pangono-pangono-cun-novo-proxecto-minivan_area49","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/?p=464","title":{"rendered":"A\u00ed seguimos, Pangono Pangono, cun novo proxecto: #miniVAN_Area49."},"content":{"rendered":"\n<p>Revisando estes d\u00edas a nosa web e as nosas redes sorpr\u00e9ndenos descubrir o tempo que estivemos \u201cdesaparecid@s\u201d, e m\u00e1is nestes tempos nos que hai que ser case todos os d\u00edas #trendingtopic para ser \u201calgu\u00e9n\u201d en Internet, ou simplemente para seguir existindo.<\/p>\n\n\n\n<p>Pois a verdade \u00e9 que a\u00ed seguimos, Pangono Pangono, coas nosas teimas e os nosos proxectos. A pandemia parou o mundo e os nosos desprazamentos a Malawi pero non foi quen de parar a nosa ansia de facer unha pequena achega da xente pequena, como dir\u00eda Galeano, para (tratar de) cambiar o mundo.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai que dicir que a pandemia, xunto con outras circunstancias, pausaron polo de agora un proxecto que ti\u00f1amos xa en mente desde hai tempo e que esperamos recuperar en canto poidamos orientar as velas da Operaci\u00f3n Pangono Pangono de xeito axeitado \u00e1 direcci\u00f3n do vento. Iso si, serviron as manobras de trimado das velas para que aparecera outro proxecto distinto ao inicialmente previsto. Xa o dic\u00eda Einstein, \u201cA vida \u00e9 como andar en bicicleta. Para conservar o equilibrio debes manterte en movemento\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>E co movemento apareceron de novo anteriores amizades colaboradoras como son <a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/nomadasmotorhome.com\/\" target=\"_blank\">Nomadas Motorhome<\/a> para propo\u00f1ernos o seu apoio nun proxecto diferente para axudar a quen m\u00e1is o necesita: as mozas estudantes de Malawi que se esforzan cada d\u00eda en avanzar na s\u00faa educaci\u00f3n a pesar do forte vento que sopra en contra delas e que non permite acabar coa discriminaci\u00f3n das mulleres en \u00c1frica.<\/p>\n\n\n\n<p>As\u00ed xurdiu o proxecto que agora mesmo tratamos de levar a cabo. Algo tan b\u00e1sico como dispor dun MiniBus (MiniVan) para que permita \u00e1s mozas estudantes da residencia Amai Maria da Area 49 de Lilongwe, capital de Malawi, desprazarse \u00e1s s\u00faas escolas para poder seguir estudando e escapar polos seus propios medios da discriminaci\u00f3n que est\u00e1n a sufrir. Xa o dic\u00eda Mercedes Arbes\u00fa, nai superiora das Misioneiras de Mar\u00eda Mediadora, \u201cEl futuro de \u00c1frica est\u00e1 en manos de sus mujeres, aunque ellas no lo sepan\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p>A residencia Amai Maria, xestionada polas Misioneiras de Mar\u00eda Mediadora, ofr\u00e9celle a 70 mozas malawianas a posibilidade de continuar os seus estudos secundarios e universitarios na capital do pa\u00eds. Grazas \u00e1 residencia de mozas estudantes da Area 49 de Lilongwe, estas mozas te\u00f1en a oportunidade de seguir a formarse nun pa\u00eds como \u00e9 Malawi, no que non \u00e9 nada doado que as mulleres contin\u00faen cos seus estudos de secundaria ou universitarios.<\/p>\n\n\n\n<p>Cada d\u00eda as estudantes te\u00f1en que desprazarse desde a residencia Amai Mar\u00eda \u00e1s distintas escolas e universidades \u00e1s que asisten, repartidas por distintas Areas (barrios) da cidade. O transporte p\u00fablico en Lilongwe \u00e9 moi precario e real\u00edzase en \u201cMatolas\u201d (camionetas de cabina aberta) ou \u201cMiniVans\u201d (Minibuses) privadas, sempre moi ateigadas de xente. De feito, as MiniVans e as Matolas non te\u00f1en horarios fixos, xa que non comezan o traxecto\/ruta ata que se ocupan todas as prazas, e poden deterse en calquera lugar \u00e1 espera de ter suficientes pasaxeiras e pasaxeiros que fagan que o desprazamento sexa rendible. O acoso \u00e1s mulleres \u00e9 habitual no transporte compartido de Lilongwe.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/IMG_1707-scaled.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"768\" src=\"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/IMG_1707-1024x768.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-466\" srcset=\"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/IMG_1707-1024x768.jpg 1024w, https:\/\/operacionpangonopangono.org\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/IMG_1707-300x225.jpg 300w, https:\/\/operacionpangonopangono.org\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/IMG_1707-768x576.jpg 768w, https:\/\/operacionpangonopangono.org\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/IMG_1707-1536x1152.jpg 1536w, https:\/\/operacionpangonopangono.org\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/IMG_1707-2048x1536.jpg 2048w, https:\/\/operacionpangonopangono.org\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/IMG_1707-600x450.jpg 600w\" sizes=\"auto, (max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/a><figcaption class=\"wp-element-caption\">Matola e MiniVan nos arredores de Lilongwe.<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Dotar a residencia de mozas estudantes Amai Maria da \u00c1rea 49 de Lilongwe dunha MiniVan propia, vai permitir a estas estudantes un desprazamento m\u00e1is seguro \u00e1s s\u00faas respectivas escolas sen ter que compartir o veh\u00edculo, evitando por unha parte o acoso que sofren as estudantes nos MiniBuses de uso compartido e tam\u00e9n permitindo adaptar os horarios dos desprazamentos ao seu horario escolar, o que diminuir\u00eda o absentismo escolar das estudantes.<\/p>\n\n\n\n<p>Se queres apoiar o proxecto #miniVAN_Area49 temos un crowdfunding aberto na plataforma <a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/www.migranodearena.org\/reto\/-minivan-area49---apoia-a-educacion-das-mozas-de-malawi\" target=\"_blank\">migranodearena<\/a>. A t\u00faa achega, por pequena que sexa, servir\u00e1 para acadar os fondos suficientes para a compra da MiniVan para as mozas estudantes da residencia da Area49.<\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n queremos pedir a vosa axuda para dar a co\u00f1ecer o noso proxecto, ben sexa a trav\u00e9s das redes sociais, <a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/www.instagram.com\/operacionpangono\/\" target=\"_blank\">Instagram<\/a>, <a rel=\"noreferrer noopener\" href=\"https:\/\/www.facebook.com\/operacionpangonopangono\/\" target=\"_blank\">Facebook<\/a> ou <a href=\"https:\/\/twitter.com\/opangopangono\" data-type=\"URL\" data-id=\"https:\/\/twitter.com\/opangopangono\">X<\/a>, ou mellor a\u00ednda, compart\u00edndoo persoalmente cunha amiga ou amigo tomando un caf\u00e9 ou dando un paseo. <\/p>\n\n\n\n<p>Moitas grazas polo voso apoio!!<br><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Revisando estes d\u00edas a nosa web e as nosas redes sorpr\u00e9ndenos descubrir o tempo que estivemos \u201cdesaparecid@s\u201d, e m\u00e1is nestes tempos nos que hai que ser case todos os d\u00edas #trendingtopic para ser \u201calgu\u00e9n\u201d en Internet, ou simplemente para seguir existindo. Pois a verdade \u00e9 que a\u00ed seguimos, Pangono Pangono, coas nosas teimas e os&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":465,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[3],"tags":[21],"class_list":["post-464","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-blog","tag-minivan_area49"],"jetpack_featured_media_url":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/wp-content\/uploads\/2024\/02\/migranodearena_02-scaled.jpg","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/464","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=464"}],"version-history":[{"count":5,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/464\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":485,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/464\/revisions\/485"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/465"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=464"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=464"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/operacionpangonopangono.org\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=464"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}