A primeira vista…

Xa estamos de volta. Foron tres semanas as que pasamos en Malawi que nos deixaron moitas historias que contar e pouco tempo para escribilas. Esta é unha delas que, coma case sempre, pon de manifesto que as cousas non son como aparentan a primeira vista, que fai falta «pisar o terreo», repousar, mirar con calma e tratar de empatizar coas persoas… e aínda así sempre hai matices que a un lle escapan, que son precisamente os que amosan a realidade das cousas.

Nunha das instalacións nas que estivemos traballando, axudábannos dous operarios malauianos con traballo fixo. Supoñamos que un se chama Agogo e o outro Mnyamata.

Agogo está sempre de pé. Pero sempre nunha parede onde pousa as mans e o lombo. A primeira hora válelle calquera. A partir das nove e media, cando o sol empeza a apertar, ten que ser unha parede á sombra.

Mnyamata está sempre activo. Non fai falta pedirlle axuda. Antes que te deas de conta, xa gabeou ata arriba da torre, e dáche na man o trade e a chave de tubo que xusto agora precisabas. E sempre de bo humor, entre sorrisos e bromas. Como unha broma máis, empezou preguntando o nome das ferramentas en castelán. Ta-ra-do. Ta-la-do. Ta-la-dro. Pronto vimos que ía apuntando ese vocabulario técnico nunha cuartilla. Ao día seguinte contounos que tiña proxectado viaxar a España.

Confirmamos, pois, o que xa sabiamos: que son as persoas emprendedoras, as de máis iniciativa, as que buscan un futuro mellor lonxe do seu continente, deixando África a escuras. A única novidade foi que esta vez comprobamos esta realidade dende o punto de orixe.

Fin?

Un día despois de escribir o texto anterior, persoas moi achegadas aos dous operarios, dixéronnos que Agogo conseguiu recentemente, por fin, manter un estado de saúde estable, aínda que precario, despois de anos tratándose contra a sida. E que Mnyamata quere ir a España a formarse, só por unha temporada, que nin se lle pasa pola cabeza afastarse moito tempo da súa muller e das súas fillas, unha delas un bebé de pouco máis de quince días.

Oxalá o futuro de África teña a mesma luz que este último parágrafo e que os futuros Agogos ou Mnymatas da foto pasen a formar parte dun futuro mellor para este continente.

Fernando.

Publicaciones Similares

  • Parabéns especiais.

    Xa fai un tempo que non aparecemos polo blog. O traballo, a rutina, los quehaceres diarios… as veces o envolven a un nunha onda que parece que saír a tomar algo de aire fresco é misión case imposible. De vez en cando fai falta que veña alguén a lembrarnos a razón pola que un día…

  • Por fin!!

    Di Joaquín Sabina nun dos seus poemas musicados: «…al lugar donde has sido feliz no debieras tratar de volver». Difícil resistir a tentación, sobre todo cando un sabe que o regreso a ese lugar vaise atopar de novo cunhas persoas que admira profundamente e, por riba, coa convicción que o esperan a un cos brazos…

  • Punto de vista

    De vez en cuando te ocurren cosas que hacen que frenes en la rutina de tu día a día plagado de lo que consideras “problemas”, y te encuentras con la oportunidad de conocer, de primera mano, qué es lo imprescindible para viajar por la vida. Probablemente, pocas cosas materiales y un montón de experiencias y…

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *