
Moitas grazas pola túa xenerosidade por unirte á Operación Pangono Pangono e axudarnos a realizar o proxecto #AlumeaMalawi. Podes realizar a túa achega a través do reto que temos na plataforma de crowdfunding www.migranodearena.org. Facendo a doazón a través de www.migranodearena.org podes chegar a beneficiarte dunha desgravación da túa achega de ata o 75%. Lembra descargar o teu certificado na web https://www.migranodearena.org/mis-donaciones.
Tamén podes facer a túa doazón a través de PayPal ou mediante transferencia na nosa conta no banco Triodos Bank.
Achega a través de PayPal ou tarxeta de crédito![]()
Número conta en Triodos Bank: ES35 1491 0001 2630 0007 4400
Ademais, a túa doazón pode ter premio. Escríbenos a operacionpangonopangono@gmail.com informándonos da túa doazón e por cada euro que achegues recibirás unha participación para o sorteo dun lote de produtos que teñen como ingrediente principal as algas, doados pola empresa colaboradora Porto Muíños (podes consultar aquí as bases do sorteo).
E lembra. O 100% da túa achega é destinada para mercar materiais e equipamento para a montaxe de cinco instalacións fotovoltaicas en hospitais, residencias de estudantes e orfanatos de Malawi.![]()
