Únome!!!

Os proxectos da Operación Pangono Pangono están financiados a través das diferentes actividades que organiza a propia Operación, coas achegas do voluntariado e simpatizantes, e tamén grazas ás empresas colaboradoras. A Operación Pangono Pangono non solicita, e polo tanto non percibe, ningunha achega económica de institucións públicas.

A Operación Pangono Pangono está formada unicamente por voluntari@s, que sufragan de xeito persoal todos os gastos das viaxes para a montaxe dos equipamentos. Deste xeito, o 100% das achegas van destinadas á compra de equipamentos e financiamento dos proxectos.

Grazas ao apoio da empresa colaboradora Nómadas Motorhome e da VI Carreira da Luz, organizada polo IES Miraflores, foi posible levar a cabo o proxecto #miniVAN_Area49 e que está a permitir que as mozas estudantes da residencia Amai Maria de Lilongwe (Malawi) dispoñan dun Minubus (MiniVan) que lles permite continuar coa súa formación nas escolas de secundaria e universidades da capital de Malawi.

Se queres seguir apoiando o proxecto #miniVAN_Area49, temos un crowdfunding aberto na plataforma migranodearena.org. A túa achega, por pequena que sexa, servirá para sufragar os gastos da #miniVAN_Area49 e permitirá que as mozas estudantes da residencia da Area49 en Lilongwe poidan continuar cos seus estudos nas escolas repartidas pola capital de Malawi.

   

Link á páxina do proxecto #miniVAN_Area49 en migranodearena.org

  

Tamén podes colaborar coa Fundación Esteban Vigil. Logo de coñecer o traballo que realiza esta Fundación por medio mundo, asegurámosche que a túa doazón chegará íntegra a onde e a quen máis a precisa.

Non deixes de seguirnos nas nosas redes sociais, Instagram, Facebook ou X. Deste xeito, serás das primeiras persoas en coñecer as novas da Operación Pangono Pangono.

«Mucha gente pequeña, en lugares pequeños, haciendo cosas pequeñas, puede cambiar el mundo». Eduardo Galeano.

Scroll al inicio