Saídes na voz!!!

Incrible o que pode supoñer saír nun xornal. Vale, foi na contraportada e a toda páxina. E non nun xornal calquera senón, nin máis nin menos, que «na Voz», pero a transcendencia que acadou a nosa viaxe foi algo incrible!!

Foi un gusto falar con algún Amigo (quero poñelo como se merece, en maiúsculas) que aproveitou a ocasión de verme no xornal para facer algo que se nos esquece con demasiada frecuencia. Coller o teléfono na man e falar cos amigos que, estando lonxe, fai algún tempo que non vemos. Parécenos que por telo de amigo no facebook xa chega, pero non. Non hai emoticono que substitúa o son dunha risa!!!

Pola contra, hai que aguantar que presumindo que está un (case) igual agora que cando se sacou a foto cos nenos de Chezi, xa fai nove anos, che digan que é porque ten un o «cartón» tapado… Pois cachete en toda a cara que dá a realidade, lembrando que o tempo pasa e que hai que aproveitalo. Pangono, pangono, sen presa pero sen perder o tempo. Que algún outro te chame «Frai Ricardo» pois é outro dos efectos colaterais da nosa saída na prensa. En fin, aos amigos disque hai que perdoalos, pero como algunha vez, aínda que espero que non, se rompa a nosa amistade, ídevos preparando!!!

Grazas de novo a María Cedrón polo estupendo artigo e a La voz de Galicia pola súa publicación.

Ricardo.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/07/31/manos-obra-malaui/0003_201507H31P60994.htm

Publicaciones Similares

  • Escolle un

    E non digas que non hai onde escoller. Tampouco penses que é imposible. Imposible é o que non se intenta. O 25 de setembro de 2015, 193 líderes mundiais reuniranse na ONU para fixar os 17 obxectivos globais para alcanzar tres cousas extraordinarias nos próximos 15 anos. Fin da pobreza extrema. Combater a desigualdade e…

  • Novo proxecto en marcha.

    Xa fai máis dun mes que regresamos de Malawi. Xa estamos outra vez envoltos no noso día a día, nas nosas rutinas e preocupacións que absorben a práctica totalidade do noso tempo e enerxía. Pero seguimos Pangono Pangono, pouco a pouco, dándolle forma ao proxecto que traemos na cabeza logo da última visita a Malawi,…

  • Seguimos!!

    Ás veces costa crelo pero xa pasou máis de ano e medio dende que empezamos co proxecto de bombeo solar para Malawi. Vista a necesidade había que darlle forma ao proxecto. E a pesar da sinxeleza e modestia do mesmo, non podería ser levado a cabo sen a axuda de moita xente, empezando pola comunidade…

  • A primeira vista…

    Xa estamos de volta. Foron tres semanas as que pasamos en Malawi que nos deixaron moitas historias que contar e pouco tempo para escribilas. Esta é unha delas que, coma case sempre, pon de manifesto que as cousas non son como aparentan a primeira vista, que fai falta «pisar o terreo», repousar, mirar con calma…

  • #OperaciónPangonoPangono2018

    Ola de novo, Pangonos!! Pangono Pangono, seguimos a desenvolver a Operación para este ano. O coñecido poema Caminante no hay camino…, que escribiu Machado e que tan ben interpretou Serrat, podería servir para definir perfectamente como transcorreu até o de agora a Operación deste ano. A semente da #OperaciónPangonoPangono2018: a asociación OHANA. Xa vos temos…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *