Co gallo do DIV2015 (día internacional do voluntario) fomos invitados polo equipo da Biblioteca do IES Universidade Laboral para contar a nosa experiencia como voluntarios en Malawi.
Está claro, tal e como indica un dos #hastag do día do voluntariado, que cada acción, por pequena que sexa, suma #actioncounts, e esperamos que estas pequenas accións axuden a transformar situacións en principio reservadas aos «grandes e poderosos». O que está claro que o cambio ten que partir de todos e cada un de nós, que non se necesita que sexan os grandes mandatarios e gobernantes os que inicien estes «grandes» cambios que se precisan para rematar coas grandes inxustizas deste mundo. Depende, en definitiva, de cada un de nós.
Se coa charla de hoxe conseguimos que un só d@s alumn@s que asistiron á presentación se decida a dar o paso para ser voluntario, xa ten pagado a pena o noso traballo ata agora.
Gracias de novo ao equipo da Biblioteca da Laboral pola súa invitación a participar.
Ricardo.
#actioncounts #DIV2015 #GlobalGoals