Hoxe ao mediodía realizouse á presentación dunha nova acción solidaria no IES Universidade Laboral. Ás campañas en marcha de recollida de xoguetes e de recollida de alimentos, uniuse a realización dunha cea solidaria o vindeiro xoves 17 de decembro, que se vai realizar no propio centro educativo.
O recadado na cea entre os traballadores e extraballadores da Laboral irá destinado ao proxecto de bombeo solar na misión de Chezi.
Seguimos, Pangono Pangono, co noso proxecto.
Grazas a todos polo apoio que estamos a recibir.
